quarta-feira, 28 de janeiro de 2009

Bem-vindos a todos/as

É um prazer para nós inaugurar este blogue. Um blogue que tentará ser um espaço de crítica e onde os alunos de Filologia tenhades a mão ferramentas como dicionários, bibliotecas, tradutores e páginas do ILG, CIRP e da USC que vos ajudem na realizaçom de trabalhos ou mesmo no estudo para os exames. Como podedes observar à vossa direita encontram-se um número importante de ligaçons que servem de caminho cara esse fim.

Se tendes algumha sugestom para engadir novos endereços, nom duvidedes em deixar um comentário.

Um saúdo e bem-vind@s a "Ese estraño silencio"

5 comentários:

  1. Eu serei um desses esporádicos colaboradores

    ResponderEliminar
  2. Penso que non estaría de máis comezar esta ilusionante andaina, alentada polo Santo Breixal -mestre el de tantas aventuras- realizando unha pequena e, se callar, insidiosa enquisa (semellante á que nos fan cada cuadrimestre) encol dos ensinantes cos que nos fomos cruzando. Poderiamos comezar pola Boulla. Qué vos parece? É só unha idea. Unha maneira diferente -e orixinal- de manter un blogue atractivo, desenfadado e, á vez, construtivo. Vós diredes. Aí queda a idea.

    ResponderEliminar
  3. Umha iniciativa bárbara, nom coma Bárbara Rei. Umha aperta irmandinha e para qualquer cousa já sabes em que bares ando xD

    ResponderEliminar
  4. Teño que agradecer esta admisión coma colaborador deste blogue. A verdade é que o da nosa facultade semella un berro no deserto: alí abandonada a probe nunha esquina do campus norte, con cada ves menos alumnos e con profesores tamén cada ves máis incompetentes. A ver se este blogue aporta o seu gran de area para que esa situación comece a cambiar.

    Un saúdo e gracias de novo.

    P.D. A de Modesto paréceme unha idea boísima.

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas pola invitación, compañeiros!!!, encántame a iniciativa, e aínda que non sei se apuntarme como colaboradora(por non saber moi ben qué aportar) , non dubido o máis mínimo en declarme unha fiel seguidora deste espazo.

    Catro apertas estrañas!!

    ResponderEliminar