Insólito • ‘Asaltaron’ un Gadis de Vista Alegre para repatilo entre os veciños

A lenda de
Robin Hood sinala que roubaba aos ricos para dárllelo aos pobres. Pois algo parecido sucedeu o pasado martes 24 no Gadis do Campus Norte de Santiago de Compostela. En lugar de Robin Hood foron doce anarquistas. En lugar de dárllelo aos pobres, repartírono entre a xente que por alí se situaba.

Así é
como o contan:
"Na manhán do 24 de marzo umha duzia de anarquistas saqueou un GADIS situado no Campus Norte repartindo intres despois o botín entre a gente que había nas inmediacións. A duzia de anarquistas encheu outra duzia de cestas da compra de numerosos productos que ofreze a companhía GADIS e marchou sen pagar (obviamente) pra repartilos minutos despois nas inmediacións do supermercado (no campus norte) entre a gente que alí se situaba.Esta expropiación de productos de primeira necesidade ten como fin espallar este tipo de accións entre a povoación demostrando que a pillaxe é fácil, divertida e consecuente coas formas de luita anticapitalistas.Abaixo a sociedade espectáculo-mercantil!Anarquistas culpaveis de solidariedade!Ver para crer.
Para ler a nova no seu lugar de orixe, preme
aquí.
Home, igual considerar "productos de primeira necesidade" os Ferrero Rocher e as botellas de champaña é moito dicir...
ResponderEliminarAínda así, entretido aínda foi un cacho. Moito máis que a clase de Xove, onde vai parar! ;)