Mostrar mensagens com a etiqueta Galicia Hoxe. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Galicia Hoxe. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 21 de janeiro de 2010

Así foi a cobertura, en diferentes medios de comunicación, da folga e da manifestación de hoxe.

Mirade como inflúe a ideoloxía á hora de dar unha noticia coma esta. Puxen estes exemplos, pero podería colocar máis. Tamén vós podedes colaborar engadindo enlaces para esta mesma noticia noutros medios de comunicación:

- A Galega: http://esseestranhosilencio.blogspot.com/2010/01/cobertura-da-manifestacion-e-da-folga.html

- Vieiros: http://www.vieiros.com/nova/77981/ducias-de-milleiros-de-persoas-toman-compostela-para-defenderen-a-lingua

- A Nosa Terra: http://www.anosaterra.org/nova/40483/queremos-galego-enche-o-obradoiro.html

- Gznación: http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=16604&id_cat=5

- A Peneira dixital: http://www.apeneira.com/dixital/content/view/1526/232/

- Galicia Hoxe: http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=166&idNoticia=508398

- La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/01/21/00031264070551097824596.htm

- El correo gallego: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/movilizacion-multitudinaria-santiago-decretazo-gallego-ensenanza/idEdicion-2010-01-21/idNoticia-508210/

- El país: http://www.elpais.com/articulo/espana/Decenas/miles/manifestantes/colapsan/centro/Santiago/elpepuesp/20100121elpepunac_8/Tes

- Público: http://www.publico.es/espana/287570/huelga/ensino/ensenanza/galicia/decretazo/gallego/feijoo/manifestacion

- Elmundo.es: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/01/21/espana/1264093827.html

- Libertad digital: http://www.libertaddigital.com/sociedad/carteles-amenazantes-contra-gloria-lago-en-una-manifestacion-nacionalista-1276382167/

quinta-feira, 7 de maio de 2009

Un retroceso imparable

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=424146

Un 51,4% da sociedade asegura que utiliza de xeito frecuente a lingua propia fronte ao 29% que o fai só en castelán

A. ARNÁIZ. LUGO

A poboación galega máis nova está a sufrir un proceso de substitución do galego polo castelán
FOTO: Cris Tobío

Ser ou non ser? Galego ou castelán? Esa é a cuestión. E neste polémico tema do idioma, Lugo e Ourense son, por esta or­de, as provincia que rexistran un uso máis frecuente do gale­go fronte ó castelán, cunhas porcentaxes do 65,2 e 64,5%, res­pectivamnte, de poboación que emprega habitualmente a lingua materna para expresarse.

Estas cifras revelan que a uti­lización do galego nesas dúas provincias orientais é superior en quince puntos ás rexistra­das nas provincias atlánticas da Coruña e Pontevedra, onde as porcentaxes de falantes habituais representan o 45,3 e 48,3%, respectivamente. Estes son os datos que se desprenden dunha enquisa rea­lizada en febreiro pasado, a dous mil maiores de 18 anos, polo Obradoiro de Socioloxía S.L e o Estudo Indaga, sobre usos lin­güísticos en Galicia.

A xente que emprega ambas as linguas non chega ao 20%

En termos xerais, este traballo sobre usos idiomáticos pon de manifesto que máis da metade dos galegos, un 51,4%, empregan de xeito fre­cuente o galego á hora de fa­lar, fronte ó 29,2% que o fai en castelán. Un 19,3% di em­pregar as dúas linguas por igual. Á hora de autovalorar o xeito de falar a lingua prol­pia, máis da metade dos gale­gos, 54 de cada cen, aseguran falalo ben. Un 39% recoñece que o falan regular e só un 6,6% dos enquisados afir­ma que non sabe falalo.

Por provincias as diferenzas agrándanse, así en Lugo só o 2,7% recoñece non saber fa­lar galego, un rexistro que na provincia de Ourense ascende ó 4%. Unhas cifras que se dupli­can nas demarcacións atlán­ticas de Pontevedra e da Coruña, cun 7,3 e un 8 por cento, res­pectivamente, de persoas que afirman non saber empregar o ga­lego á hora de falar.
  • EN CIFRAS
Só falan galego o 42 % dos mozos

Este estudo elaborado polo Obradoiro de Socioloxía e o Estudo Indaga pon de relevo tamén que a utilización do ga­lego entre persoas que superan os 60 anos, anda polo 64%, fronte ó uso entre os máis novos, que se sitúa no 42 por cento.

En canto á autovaloración da fala en galego ligada á intención de voto nas eleccións, os afíns ó Partido Popular din falalo ben nunha porcentaxe do 57,9, fronte ó 48,4 de cada cen, dos votantes do Partido Socialista de Galicia. Os simpati­zantes do Bloque Nacionalista Galego, incrementan ese nivel ata o 67 por cento.

Estes datos veñen unirse ao último mapa sociolin­güístico de Galicia, elaborado pola Real Academia Galega, que evidenciaba que os rexistros de persoas que nunca falan galego pasaron do 13% , no ano 1992, ó 25 por cento, no 2004.

Este mapa é outra eviden­cia do retroceso da lingua, sobre todo, na súa transmisión xeracional de pais a fillos.

quarta-feira, 25 de março de 2009

Crise de goberno na USC

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

[Tirado de: http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=78&idNoticia=409364]

Nin tempo nin forma

O reitor acepta a renuncia dos catro vicerreitores de UA que se suman á dimisión de Lourenzo Fernández e buscará persoas "moi comprometidas"

REDACCIÓN . SANTIAGO

O reitor da USC Senén Barro, á dereita, dirixíndose á comparecencia ante os medios para aclarar a dimisión de catro vicerreitores de UA FOTO: Ramón Escudero
O reitor da USC Senén Barro, á dereita, dirixíndose á comparecencia ante os medios para aclarar a dimisión de catro vicerreitores de UA

FOTO: Ramón Escudero

"Hoxe -por onte- presentaron a súa dimisión -os catro vicerreitores de UA-, que aceptei, aínda que con pesar. Respecto da decisión aínda que non a comparta en tempo e forma". Así se manifestou onte o reitor da Universidade de Santiago (USC) ante a renuncia dos catro vicerreitores da plataforma Universidade Aberta (UA), que se sumaron á marcha do vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, que formalizou o luns a súa dimisión para promover unha candidatura para as eleccións na universidade en 2010.

Senén Barro lamentou "persoal e institucionalmente" a decisión dos seus socios nacionalistas, despois de que UA comunicase a decisión de abandonar o equipo de goberno ao non aceptar o reitor a proposta desta plataforma para substituír a Lourenzo Fernández, que incluía a incorporación de persoas e a reorganización de competencias. "Non era asumible", precisou Barro.

Barro admitiu "disfuncións" cos seus socios de goberno, pero non problemas serios". Ademais, insistiu en que rexeitou a proposta de UA para substituír a Fernández porque "é o reitor quen debe organizar un equipo".

Ao respecto, comentou que, tras a dimisión de Fernández, escoitou ás tres plataformas que apoiaron a súa candidatura en 2006 -Plataforma Universitaria Progresista (PUP), UA e Converxencia Universitaria (CU)-. "UA dixo que non pretendía romper o pacto e a PUP criticou a medida do vicerreitor por unilateral e por desestabilizar o goberno nun momento delicado", sinalou.

"Era algo non desexado por min e sentido", reiterou e engadiu que quedou "sorprendido" pola decisión de Lourenzo Fernández, xa que "foi unha desagradable sorpresa. Sinto moito que a decisión de Lourenzo Prieto levase a este punto", agregou.

Barro agradeceu o traballo que realizaron nestes tres anos no equipo de goberno, pero lamenta que esta renuncia supón deixar desatendidas "importantes áreas", polo que o titular de Fonseca anunciou que configurará un novo goberno "crible e sólido" para o que resta de lexislatura e recalcou que garante a gobernabilidade na universidade.

"Non se trata de saír do paso", senón de "facer unha reorganización profunda. Reestruturarei competencias e incorporarei persoas novas", matizou. Barro puntualizou que "non necesariamente" ten que manter o número de vicerreitorías actual. "Non vou mirar etiquetas e non aceptarei nomes de ningunha plataforma porque si", garantiu. "Teño as mans libres", sostivo, en relación á configuración do novo goberno e recalcou que traballará sen presións, "non guiado por suxestións de ningunha plataforma". "Buscarei homes e mulleres, persoas moi comprometidas, que teñan capacidade", defendeu e ratificou a súa intención de configurar o novo equipo "no menor tempo posible". Ademais, dixo que "as primeiras medidas de reorganización de responsabilidades van ser rápidas". "Vou formar un novo equipo, formado por persoas de prestixio e comprometidas, con persoas da universidade", aseverou, e trasladou o obxectivo de mellorar "a eficacia e a eficiencia" e afrontar os novos retos, centrados no financiamento universitario, na adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior e no desenvolvemento de infraestruturas.

Non obstante, recoñeceu que aínda non ten pensado o novo equipo. "Pretendo ser áxil e rápido, pero non tanto", precisou.

Torres: "Culmina unha longa cadea de desencontros"

O demisionario vicerreitor de Cultura, Elías Torres, dixo que esta decisión veu propiciada pola "negativa" do reitor a remudar ó ata a semana pasada vicerreitor de Relacións Institucionais Lorenzo Fernández Prieto. "A reacción excluente da Plataforma Universitaria Progresista e a consecuente negativa do reitor a remudar a Fernández Prieto por un membro de Universidade Aberta, supón unha ruptura do acordo programático e culmina unha longa cadea de desencontros e unilateralidade que fai xa imposible a nosa continuidade", dixo.

Torres compareceu onte á tarde xunto ós outros tres vicerreitores que tamén renunciaron: Dores Domínguez, vicerreitora de profesorado; Xoán Carlos Carreira, vicerreitor de Infraestruturas, e Celia Besteiro, vicerreitora adxunta de Infraestruturas, para explicar a decisión adoptada.

Sobre a oposición que van exercer os membros da USC dimisionarios, o ex vicerreitor de Cultura sinalou que será "programática" e "sobre os pronunciamentos que sempre fixo Universidade Aberta". Torres anunciou ademais que nas próximas eleccións nas que se elixirá o reitor da USC promoverán unha candidatura "que non será a de Universidade Aberta en exclusiva", senón que contará "cos máximos apoios e na que ninguén se sinta excluído".

En xullo do ano pasado, Universidade Aberta aireara nun manifesto os seus reproches ó reitor. Tras dous anos de coalición para rexer Fonseca facía un balance do pacto de goberno "manifestamente mellorábel" e criticaban "as decisións non acordadas e mesmo arbitrarias" No fondo do malestar estaba a xestión da Vicerreitoría de Investigación, de María José Alonso, en temas como a distribución de fondos Feder para a compra de equipamento e o repartimento de prazas dos programas de contratación Ramón y Cajal e Parga Pondal, que ó seu ver moitas delas foron parar a áreas con exceso de profesorado en ciencias experimentais e da saúde. Tamén criticaban o Vicerreitorado de Oferta Docente, de Máximo Plo, pola "improvisación" de pautas para adaptar as titulacións a Boloña. A resposta de Barro foi contundente: "Hai dúas portas abertas, a do meu despacho para dialogar e a de saída. E o diálogo non se fai a través de comunicados". Tres meses despois, en outubro, coa crise pairando, os socios nacionalistas aparcaron os reproches e pecharon filas co reitor na demanda dun novo plan de financiamento no SUG." Hai un asunto superior, as dificultades sempre unen", dixera daquela Fernández Prieto.
  • AS FRASES
Elías Torres

"Para Universidade Aberta esta é unha decisión dolorosa, moi dolorosa. Fixemos todos os esforzos posibles de reorientación dun rumbo que consideramos equivocado".