quinta-feira, 26 de março de 2009

'Calendario Boloña': Os exames de setembro, en xullo

O curso comezará o primeiro día do outono nas titulacións adaptadas ao Espazo Europeo e o 1 de outubro no resto, e finalizará o 7 de xuño.

O próximo curso, nos novos estudos oficiais de grao e máster na Universidade de Santiago de Compostela (USC) desaparecerá a convocatoria de exames de setembro que se adiantará á primeira quincena do mes de xullo.

Así o acordou esta cuarta feira o Consello de Goberno da USC nunha xuntanza en que se aprobou o novo calendario académico 2009-2010, que comezará o 21 de setembro de 2009 nas titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e o 1 de outubro no resto. En ambos os dous casos as clases finalizarán o 7 de xuño.

O Consello tamén aprobou o límite de prazas tanto para as titulacións de grao coma para as licenciaturas e diplomaturas. Trátase dun documento "flexíbel" que se aplicará, segundo destacaron, na medida en que se vaian implantando as novas titulacións previstas.

No caso dos graos, non terá límite de prazas Matemáticas; Física, Filosofía; Lingua e Literatura Española; Lingua e Literatura Galega; Lingua e Literatura Inglesa; Lingua e Literaturas Modernas; Filoloxía Clásica; Administración e Dirección de Empresas e Relacións Laborais e recursos Humanos, as dúas últimas do Campus de Lugo.

O límite de prazas afectará aos graos en Bioloxía (150); Psicoloxía (150); Química (125); Ciencia Política e da Administración (100); Xornalismo (100); Comunicación Audiovisual (40); Xeografía e Ordenación do territorio (50); Historia da Arte (80); Historia (100); Administración e Dirección de Empresas (300, no Campus de Compostela); Economía (125); Pedagoxía (75); Educación Social (75); Enfermaría (150, en Compostela; 75, en Lugo); Enxeñaría Informática (60); Relacións Laborais e Recursos Humanos (100, en Compostela).

Límite de prazas nas licenciaturas e diplomaturas

En canto ás licenciaturas e diplomaturas, diminúe lixeiramente o límite nas titulacións de Enxeñaría Química e Mestre nas especialidades de Educación Física, Infantil, Primaria e Lingua Estranxeira do campus de Lugo. Pola contra, pasan a ter límite os segundos ciclos de Licenciatura en Química (cinco prazas) e de Enxeñaría Técnica en Química Industrial (nove).

Por outra banda, a USC ofertará 1.110 prazas para o Servizo Universitario de Residencias. Todas elas serán adxudicadas en función do expediente académico e da renda persoal dispoñíbel, oscilando os prezos entre os 45 e 286 euros.

Nova tirada de aquí

quarta-feira, 25 de março de 2009

Crise de goberno na USC

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

[Tirado de: http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=78&idNoticia=409364]

Nin tempo nin forma

O reitor acepta a renuncia dos catro vicerreitores de UA que se suman á dimisión de Lourenzo Fernández e buscará persoas "moi comprometidas"

REDACCIÓN . SANTIAGO

O reitor da USC Senén Barro, á dereita, dirixíndose á comparecencia ante os medios para aclarar a dimisión de catro vicerreitores de UA FOTO: Ramón Escudero
O reitor da USC Senén Barro, á dereita, dirixíndose á comparecencia ante os medios para aclarar a dimisión de catro vicerreitores de UA

FOTO: Ramón Escudero

"Hoxe -por onte- presentaron a súa dimisión -os catro vicerreitores de UA-, que aceptei, aínda que con pesar. Respecto da decisión aínda que non a comparta en tempo e forma". Así se manifestou onte o reitor da Universidade de Santiago (USC) ante a renuncia dos catro vicerreitores da plataforma Universidade Aberta (UA), que se sumaron á marcha do vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, que formalizou o luns a súa dimisión para promover unha candidatura para as eleccións na universidade en 2010.

Senén Barro lamentou "persoal e institucionalmente" a decisión dos seus socios nacionalistas, despois de que UA comunicase a decisión de abandonar o equipo de goberno ao non aceptar o reitor a proposta desta plataforma para substituír a Lourenzo Fernández, que incluía a incorporación de persoas e a reorganización de competencias. "Non era asumible", precisou Barro.

Barro admitiu "disfuncións" cos seus socios de goberno, pero non problemas serios". Ademais, insistiu en que rexeitou a proposta de UA para substituír a Fernández porque "é o reitor quen debe organizar un equipo".

Ao respecto, comentou que, tras a dimisión de Fernández, escoitou ás tres plataformas que apoiaron a súa candidatura en 2006 -Plataforma Universitaria Progresista (PUP), UA e Converxencia Universitaria (CU)-. "UA dixo que non pretendía romper o pacto e a PUP criticou a medida do vicerreitor por unilateral e por desestabilizar o goberno nun momento delicado", sinalou.

"Era algo non desexado por min e sentido", reiterou e engadiu que quedou "sorprendido" pola decisión de Lourenzo Fernández, xa que "foi unha desagradable sorpresa. Sinto moito que a decisión de Lourenzo Prieto levase a este punto", agregou.

Barro agradeceu o traballo que realizaron nestes tres anos no equipo de goberno, pero lamenta que esta renuncia supón deixar desatendidas "importantes áreas", polo que o titular de Fonseca anunciou que configurará un novo goberno "crible e sólido" para o que resta de lexislatura e recalcou que garante a gobernabilidade na universidade.

"Non se trata de saír do paso", senón de "facer unha reorganización profunda. Reestruturarei competencias e incorporarei persoas novas", matizou. Barro puntualizou que "non necesariamente" ten que manter o número de vicerreitorías actual. "Non vou mirar etiquetas e non aceptarei nomes de ningunha plataforma porque si", garantiu. "Teño as mans libres", sostivo, en relación á configuración do novo goberno e recalcou que traballará sen presións, "non guiado por suxestións de ningunha plataforma". "Buscarei homes e mulleres, persoas moi comprometidas, que teñan capacidade", defendeu e ratificou a súa intención de configurar o novo equipo "no menor tempo posible". Ademais, dixo que "as primeiras medidas de reorganización de responsabilidades van ser rápidas". "Vou formar un novo equipo, formado por persoas de prestixio e comprometidas, con persoas da universidade", aseverou, e trasladou o obxectivo de mellorar "a eficacia e a eficiencia" e afrontar os novos retos, centrados no financiamento universitario, na adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior e no desenvolvemento de infraestruturas.

Non obstante, recoñeceu que aínda non ten pensado o novo equipo. "Pretendo ser áxil e rápido, pero non tanto", precisou.

Torres: "Culmina unha longa cadea de desencontros"

O demisionario vicerreitor de Cultura, Elías Torres, dixo que esta decisión veu propiciada pola "negativa" do reitor a remudar ó ata a semana pasada vicerreitor de Relacións Institucionais Lorenzo Fernández Prieto. "A reacción excluente da Plataforma Universitaria Progresista e a consecuente negativa do reitor a remudar a Fernández Prieto por un membro de Universidade Aberta, supón unha ruptura do acordo programático e culmina unha longa cadea de desencontros e unilateralidade que fai xa imposible a nosa continuidade", dixo.

Torres compareceu onte á tarde xunto ós outros tres vicerreitores que tamén renunciaron: Dores Domínguez, vicerreitora de profesorado; Xoán Carlos Carreira, vicerreitor de Infraestruturas, e Celia Besteiro, vicerreitora adxunta de Infraestruturas, para explicar a decisión adoptada.

Sobre a oposición que van exercer os membros da USC dimisionarios, o ex vicerreitor de Cultura sinalou que será "programática" e "sobre os pronunciamentos que sempre fixo Universidade Aberta". Torres anunciou ademais que nas próximas eleccións nas que se elixirá o reitor da USC promoverán unha candidatura "que non será a de Universidade Aberta en exclusiva", senón que contará "cos máximos apoios e na que ninguén se sinta excluído".

En xullo do ano pasado, Universidade Aberta aireara nun manifesto os seus reproches ó reitor. Tras dous anos de coalición para rexer Fonseca facía un balance do pacto de goberno "manifestamente mellorábel" e criticaban "as decisións non acordadas e mesmo arbitrarias" No fondo do malestar estaba a xestión da Vicerreitoría de Investigación, de María José Alonso, en temas como a distribución de fondos Feder para a compra de equipamento e o repartimento de prazas dos programas de contratación Ramón y Cajal e Parga Pondal, que ó seu ver moitas delas foron parar a áreas con exceso de profesorado en ciencias experimentais e da saúde. Tamén criticaban o Vicerreitorado de Oferta Docente, de Máximo Plo, pola "improvisación" de pautas para adaptar as titulacións a Boloña. A resposta de Barro foi contundente: "Hai dúas portas abertas, a do meu despacho para dialogar e a de saída. E o diálogo non se fai a través de comunicados". Tres meses despois, en outubro, coa crise pairando, os socios nacionalistas aparcaron os reproches e pecharon filas co reitor na demanda dun novo plan de financiamento no SUG." Hai un asunto superior, as dificultades sempre unen", dixera daquela Fernández Prieto.
  • AS FRASES
Elías Torres

"Para Universidade Aberta esta é unha decisión dolorosa, moi dolorosa. Fixemos todos os esforzos posibles de reorientación dun rumbo que consideramos equivocado".

quinta-feira, 19 de março de 2009

Quando nom chega com a desinformaçom, repressom


Milheiros de estudantes botárom-se em Barcelona às ruas para participar-lhe à classe política o seu rejeitamento do Plano Bolonha, umha infame artimanha para rematar de mercantilizar o ensino convertindo ao estudantado em simples mao de obra barata, qualificada e precária e sem importar para nada o espírito crítico que a universidade deveria inculcar aos que por ela passam. Ética por euros para os petos neoliberais.
Perante as mostras continuadas de oposiçom em Madrid, Barcelona, Sevilha, etc. o Estado espanhol já lançou nos meios umha campanha de promoçom de Bolonha com esperpénticos documentais em programas coma Informe semanal, onde nos apresentam a "Bolonia en el país de las maravillas". Agora passam ao seu estado natural que o estado repressor, despregando umha brutal resposta em Barcelona com a sua já habitual impunidade como pudemos comprovar na Galiza o passado 8 de Fevereiro.
A carga desenvolveu-se no marco dum protesto polo desalojo de 53 estudantes que ocupavam a reitoria da Universidade de Barcelona (UB). Cinco mil estudantes que sofrérom a repressom brutal das forças anti-distúrbios ao berro de "a letra com sangue entra!". Agora a esquerdista IU pode dar-nos explicaçons pola sua responsabilidade directa no desalojo e a repressom.
Desde a Galiza nom podemos mais que solidarizar-nos com os nossos companheiros de loita catalans e manifestamos a nossa vontade e desejo de que o estudantado galego se una por cima de siglas para parar esta reconversom industrial aplicada ao ensino e intitulada Plano Bolonha.

Vídeo relacionado:


http://gzvideos.info/barcelona-violencia-policial-extrema-contra-estudantes-anti-bolonha/
http://www.lahaine.org/index.php?p=4861

E na Galiza?

A Galiza fica surpreendentemente alheia ao Plano Bolonha porque os estudantes preferem o botelhom à conscienciaçom e a defesa dum ensino, o seu ensino, digno, humanista e de qualidade; que constroia o Ser, nom que o hipoteque. A Assembleia Geral esmoreceu definitivamente após dous anos de funcionamento deficiênte e apenas a Assembleia de Filologia se fortaleceu em 2009 e continua com actividades encaminhadas nom apenas a loitar contra Bolonha mas tamém à defesa inalienável do galego, dos trabalhadores e do carácter público da universidade.
Para além disto as concentraçons de sindicatos coma CAF ou Sindicato de Estudantes contra Bolonha descérom alarmantemente em quanto a assistência numha sociedade que tamém é maioritariamente dócil e de direitas entre o estudantado. Nom hai trabalho de base, nom hai consciência democrática nem tradiçom de loita em movimentos sociais... Apenas um tubo metido numha caixa quadrada que nos di que está bem, que está mal, como vestirnos e em que gastar o pouco que temos e como pensar e educar aos nossos filhos. Na Galiza a crise é antes moral do que económica.
Aguardemos que no que resta de ano se poda artelhar umha frente comum entre todas as formaçons estudantís para consciênciar ao estudantado desmobilizado da importáncia de reagir contra o PLANO BOLONHA. Aguardemos que cada vez mais estudantes se unam à loita e que as assembleias voltem a renascer. A de Filologia, mal que bem, continuará as suas acçons e ficará aberta para todo aquel que seja contrário à reforma neoliberal do sistema universitário.

segunda-feira, 16 de março de 2009

O 75% dos graos da USC reducirán as súas prazas no campus de Santiago

O Consello de Goberno aprobou 21 titulacións e só tres manteñen a súa oferta sen limitacións


[...]


Filoloxías e Historia

Reducidas quedarán tamén as prazas de Bioloxía, que pasa das 172 deste curso a unhas 150. En canto ás filoloxías, fíxose unha estimación para os primeiros catro anos de implantación. As memorias de Lingua e Literatura Española e Lingua e Literatura Galega valoraron que até que se extinga a anterior licenciatura poderán entrar, nun principio, 30 persoas. Máis tarde, esa restrición subirá a 40. A antiga Filoloxía Inglesa estimou unha limitación de prazas de entre 65 e 75 alumnos, mentres que o que até agora era Filoloxía Moderna (alemán, francés, italiano, portugués e románicas) puxeron como tope 55 alumnos en principio, para máis tarde aceptar uns 75.


Na facultade de Xeografía e Historia, o grao en Historia da Arte propuxo 80 prazas de novo ingreso. Historia limitará o acceso a 100 novos alumnos durante os tres primeiros anos, e Xeografía estimou uns 50. As tres son, polo momento, sen límite de prazas. En Compostela son só tres as titulacións con límite que manterán o seu número de novos ingresos: Comunicación Audiovisual con 40, Xornalismo con cen e Políticas con outro centenar.


Esta previsión do número máximo que pode acceder aos graos da USC obedece ás directrices do Plan Boloña, que ademais de buscar unha relación máis directa entre profesor e alumno, esixe que os centros fagan unha previsión dos recursos técnicos e persoais cos que contan e a cantos universitarios poden dar ensino.


Ademais, na estimación do número de prazas de novo ingreso que se ofrecerán unha vez implantado o grao e mentres convivan coas licenciaturas, as facultades tamén deben ter en conta o número de alumnos que iniciaron estudos nas distintas titulacións nos últimos anos, nun afán por non desperdiciar recursos docentes e materiais.


Noticia tirada de aqui

terça-feira, 10 de março de 2009

Parte dos fondos editoriais da USC estarán en Google Books

Case mil títulos poderanse consultar parcialmente na web, mentres que a universidade manterá os dereitos de comercialización.

A Universidade de Santiago de Compostela presenta este martes a súa achega ao servizo Google Books. A institución académica fará dispoñíbel parte dos seus fondos editoriais, inicialmente preto de mil volumes. Un recente convenio entre as dúas entidades permitirá difundir na rede unha importante selección dos libros editados pola USC.

Os títulos que se poderán consultar na rede, seguindo unha política de protección de dereitos de autor, só ofrecerán un máximo do 20 por cento do seu contido. Ademais, a USC seguirá a ostentar a comercialización dos volumes dixitalizados ou indexados. En breve, poderanse adquirir tanto dende a web da universidade como dende a de Google.

Se queres ler a nova no seu lugar de orixe, preme aquí

terça-feira, 3 de março de 2009

A USC habilita un espazo na súa web para explicar que é o Plan Boloña

A páxina dá respostas ás dúbidas que se plantexan e relata o proceso de adaptación ao novo sistema

En pleno proceso de adaptación do ensino universitario ao novo modelo europeo e despois das manifestacións dos estudantes contra o Plan Boloña, que algúns atribúen á falta de información, a Universidade de Santiago optou por incluír na súa páxina web (www.usc.es) un espazo específico dedicado a facilitar información relativa a todo o que leva consigo a construción do Espazo Europeo de Educación Superior, que botou a andar no ano 1999.

Preme aquí se queres seguir lendo a nova.

segunda-feira, 2 de março de 2009

"Non son un Don Quijote, porque os meus muíños de vento son reais"

O xornal El País publica, este luns, unha entrevista ao lingüista e activista político norteamericano Noam Chomsky (1928). Se a queredes ler, non tedes máis que picar aquí.