terça-feira, 3 de março de 2009

A USC habilita un espazo na súa web para explicar que é o Plan Boloña

A páxina dá respostas ás dúbidas que se plantexan e relata o proceso de adaptación ao novo sistema

En pleno proceso de adaptación do ensino universitario ao novo modelo europeo e despois das manifestacións dos estudantes contra o Plan Boloña, que algúns atribúen á falta de información, a Universidade de Santiago optou por incluír na súa páxina web (www.usc.es) un espazo específico dedicado a facilitar información relativa a todo o que leva consigo a construción do Espazo Europeo de Educación Superior, que botou a andar no ano 1999.

Preme aquí se queres seguir lendo a nova.

3 comentários:

  1. O processo informativo estivo totalmente ausente da implantaçom de Bolonha, e já vai mais dum lustro, e a USC inculpava aos governos de nom facilitarem informaçons. Certamente, os governos jogárom ao turra-soga e hoje dispunham para manhá derogar. O jogo é simples:
    a) se nom hai informaçom sobre Bolonha nom se fala sobre Bolonha

    b)Quando finalmente o processo é iminente opta-se por fazer umha campanha publicitária a favor do mesmo (como com a Constituiçom Euroopeia - compartilha Bolonha com esta o espírito neoliberal e a mercantilizaçom absoluta de direitos elementares como a sanidade e a educaçom-). Todo é maravilhoso sombre os papéis, todo desorde, improvisaçom, e limitaçons na prática.

    c) Quanto mais seródia seja a campanha de publicidade e quantos mais meios estejam ao dispor do governo (e neste ponto PP e PSOE vam colhidinhos do carro neoliberal) menos tempo terám os movimentos sociais e agentes opostos aop Plano de oferecer o seu ponto de vista e ter a mínima oportunidade de mitigar os efeitos do Plano (reformulaçom do calendário de implantaçom, financiaçom, etc.).

    A UNIVERSIDADE NOM É DE BOTIM

    ResponderEliminar
  2. Onte vin 59 segundos e non me enterei moito,pero si parece que a TVE está a favor do Plan.

    ResponderEliminar
  3. Non me estraña en absoluto a posición de TVE en relación co Plan Boloña, sobre todo tendo en conta a súa habitual postura servil, "pseudoficial" e de voceiro sumiso do goberno do estado de turno; un ente público, por certo, cada vez afastado dos problemas reais da cidadanía e que, se ninguén o remedia, acabará perdendo o pouco crédito que posúe (se é que aínda ten algún).
    Por outra banda, é evidente que canles privadas como Antena 3 TV, Telecinco e demais cortellos comunicativos omnipresentes realizan día si día tamén apoloxía ideolóxica dos seus intereses. Góstenos ou non, a cousa ten certa lóxica. O que non é de recibo, o que de ningunha maneira debemos aceptar como contribuintes que somos, é que unha canle "pública" que pagamos entre todos/as sexa soamente un disparate propagandístico e parcial dos intereses políticos dunha elite gobernante; sexa de "esquerdas", sexa de dereitas. Nese senso, co tratamento informativo encol de Boloña sucede o que antes con outros temas de semellante actualidade: silencio, ambiguidade, terxiversación. E velaí que, a fin de contas, cos precedentes que temos e a teor das circunstancias, pouco podemos esperar se partimos da premisa de que estamos diante dos mesmos cans pero con distinto colar.

    ResponderEliminar