sábado, 9 de maio de 2009

Os alumnos critican o maltrato do galego nas facultades

Case o 90% da docencia de Dereito faise en castelán, e o 99% dos exames



Un colectivo de estudantes universitarios denunciou a situación do galego na USC, onde esta lingua está maltratada e apenas forma parte da actividade docente e académica. Os alumnos fixeron esta convocatoria na Facultade de Dereito, por ser esta un dos centros nos que menos uso se fai do idioma do país.

De feito, presentaron algúns datos dun estudo feito polo servizo de normalización lingüística da institución, nos que se reflicte que o castelán é usado na docencia en máis do 87% dos casos, e a metade dos alumnos galegofalantes que inician a licenciatura de dereito na USC, rematan converténdose en castelánfalantes para converxer co idioma maioritario. Ademais, ante as trabas que se impoñen para facilitar exame en galego, só o 1% se acaban facendo nesta lingua.

Os universitarios reivindicaron o seu dereito a vivir e estudar dignamente na súa lingua, polo que instan á USC a que corrixa esa situación «en aras da legalidade e do benestar do conxunto do estudantado». Finalmente, animan aos alumnos que se mobilicen o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Nova tirada de aquí

1 comentário:

  1. Logo temos que escuitar-lhes falar de imposiçom a fascistas redomados como "o Blanco Valdés and company"
    Eu estou em segundo de relacçons laborais e podo dizer que em dous anos de carreira, com unha media de 10 matérias por ano, só recevem umha materia em galego. Em tuda a carreira! parece ser que na cidade supostamente máis galeguizada do país nom há tanto galego.. Mal imos neste país.

    ResponderEliminar