Un 51,4% da sociedade asegura que utiliza de xeito frecuente a lingua propia fronte ao 29% que o fai só en castelán
A. ARNÁIZ. LUGOA poboación galega máis nova está a sufrir un proceso de substitución do galego polo castelán
FOTO: Cris Tobío
Ser ou non ser? Galego ou castelán? Esa é a cuestión. E neste polémico tema do idioma, Lugo e Ourense son, por esta orde, as provincia que rexistran un uso máis frecuente do galego fronte ó castelán, cunhas porcentaxes do 65,2 e 64,5%, respectivamnte, de poboación que emprega habitualmente a lingua materna para expresarse.
Estas cifras revelan que a utilización do galego nesas dúas provincias orientais é superior en quince puntos ás rexistradas nas provincias atlánticas da Coruña e Pontevedra, onde as porcentaxes de falantes habituais representan o 45,3 e 48,3%, respectivamente. Estes son os datos que se desprenden dunha enquisa realizada en febreiro pasado, a dous mil maiores de 18 anos, polo Obradoiro de Socioloxía S.L e o Estudo Indaga, sobre usos lingüísticos en Galicia.
A xente que emprega ambas as linguas non chega ao 20%
En termos xerais, este traballo sobre usos idiomáticos pon de manifesto que máis da metade dos galegos, un 51,4%, empregan de xeito frecuente o galego á hora de falar, fronte ó 29,2% que o fai en castelán. Un 19,3% di empregar as dúas linguas por igual. Á hora de autovalorar o xeito de falar a lingua prolpia, máis da metade dos galegos, 54 de cada cen, aseguran falalo ben. Un 39% recoñece que o falan regular e só un 6,6% dos enquisados afirma que non sabe falalo.
Por provincias as diferenzas agrándanse, así en Lugo só o 2,7% recoñece non saber falar galego, un rexistro que na provincia de Ourense ascende ó 4%. Unhas cifras que se duplican nas demarcacións atlánticas de Pontevedra e da Coruña, cun 7,3 e un 8 por cento, respectivamente, de persoas que afirman non saber empregar o galego á hora de falar.
Este estudo elaborado polo Obradoiro de Socioloxía e o Estudo Indaga pon de relevo tamén que a utilización do galego entre persoas que superan os 60 anos, anda polo 64%, fronte ó uso entre os máis novos, que se sitúa no 42 por cento.
En canto á autovaloración da fala en galego ligada á intención de voto nas eleccións, os afíns ó Partido Popular din falalo ben nunha porcentaxe do 57,9, fronte ó 48,4 de cada cen, dos votantes do Partido Socialista de Galicia. Os simpatizantes do Bloque Nacionalista Galego, incrementan ese nivel ata o 67 por cento.
Estes datos veñen unirse ao último mapa sociolingüístico de Galicia, elaborado pola Real Academia Galega, que evidenciaba que os rexistros de persoas que nunca falan galego pasaron do 13% , no ano 1992, ó 25 por cento, no 2004.
Este mapa é outra evidencia do retroceso da lingua, sobre todo, na súa transmisión xeracional de pais a fillos.

- EN CIFRAS

A ver quando os galegos podemos "elegir" a nossa língua. A demagogia da "libertad" e as patranhas do nacionalismo central nom podem agochar umha realidade cada dia mais sangrante e apenas atalhável com o reforço do galego através do Sul, um galego estenso que mire, sobretodo, para si mesmo, mas tamém para o Brasil, superando umha autarquia económica que nos afoga e que fai tirar recursos que se poderiam aproveitar bem melhor noutras estratégias e inversons.
ResponderEliminarNós Sós!